Asemblea Xeral Extraordinaria #EUROPEAS

ACTUALIZACIÓN: Xa está dispoñible a acta da Asemblea na Equomunidade:
http://equomunidad.org/documentos/acta-asemblea-extraordinaria-05042014
http://equomunidad.org/documentos/conclusions-e-tarefas-pendentes-asemblea-xeral-extraordinaria-05042014

A Mesa Nacional de EQUO Galicia convoca a toda a afiliación e simpatizantes co fin de celebrar unha Asemblea Xeral Extraordinaria o vindeiro sábado día 5 de abril ás 17h no Centro Sociocultural de Conxo, en Santiago de Compostela.

Orde do día:

  1. Información Congreso Federal e estado da coalición para as europeas.
  2. Lectura das aportacións do debate previo na Equomunidade*.
  3. Presentación de voluntarios Comité de Campaña, votación e ratificación no seu caso. Organización e funcionamento.
  4. Decisión trámites do proceso electoral. Datos papeletas en Galicia, elaboración de lista de apoderados e similar.
  5. Suxestións e preguntas.

A Mesa Nacional

* Pensando en todas as persoas que non poidan acudir a esta asemblea de xeito presencial, ábrese un fío de debate na Equomunidade no que desde xa e ata o comezo da Asemblea todas poidamos colaborar e aportar ideas e iniciativas sobre todos os puntos da orde do día:

http://equomunidad.org/documentos/aportacions-asemblea-extraordinaria-5-de-abril-eleccions-europeas-0

Deixa unha resposta