Asemblea Nacional de EQUO Galicia

ACTUALIZACIÓN: Activamos o Plan B! A Asemblea Nacional estase a desenvolver no Restaurante Paz Nogueira, pretiño da localización orixinal no Parque O Paxonal.

Esta sábado 11 de xullo celébrase a 1ª Asemblea Ordinaria do 2015 de EQUO Galicia. Será ao aire libre, no Parque Eugenio Granell (O Paxonal) de Santiago de Compostela,  de 10:30h a 14:30h. Quen queira quedar a comer que traia algo e faremos un pequeno pícnic comunal.

Os puntos da orde do día a tratar na Asemblea son os seguintes:

  1. Valoración das eleccións municipais.
    • Análise e reflexión dos resultados en Galicia
    • Análise e reflexión dos resultados fóra de Galicia
  2. Creación dunha comisión negociadora para as xerais e autonómicas.
  3. Documento de mínimos. Liñas de actuación.
  4. Informe da Mesa Nacional de EQUO Galicia
    • Presentación e aprobación das contas de 2014 de EQUO Galicia
    • Reestruturación de EQUO Galicia
      • Mesa Nacional, Grupos Territoriais, Grupos Locais de Apoio e Redes transversais
      • Conversas co Espazo Ecosocialista
  5. Propostas, apuntamentos e preguntas

En caso de choiva ou calquera outro contratempo, o plan B será acudir ao Restaurante Paz Nogueira.

Ti es EQUO, xuntos somos máis EQUO.

Deixa unha resposta