Asemblea Nacional de EQUO Galicia (23/01/2016)

[Asemblea en streaming, se non hai atrancos técnicos: https://www.youtube.com/watch?v=Cwfm55zsD04]

 

Esta é a convocatoria para a xuntanza ORDINARIA da Asemblea de EQUO Galicia o sábado 23 de xaneiro:

HORA: 16h – 19h (Estímase unha duración de 3 horas. Prégase puntualidade)
LUGAR: A Nave de Vidán, Avenida Mestra Victoria Miguez, 44.
15706 Santiago de Compostela http://www.anavedevidan.com

ORDE DO DÍA:
  1. Informe e aprobación das contas de 2015
  2. Memoria de actividades de EQUO Galicia e dos territorios
  3. Informes da Mesa Nacional
  4. Posibilidade de que EQUO Galicia se faga socia de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega
  5. Postura ante unha hipotética repetición das eleccións ao Congreso e Senado de España
  6. Postura ante as Eleccións Galegas 2016
    -> Neste punto haberá un traballo previo no obradoiro da mañá, pero loxicamente as decisións correspóndenlle á Asemblea
  7. Planificación de 2016 e estratexia de crecemento
    -> Tamén traballada previamente no obradoiro da mañá

Toda persoa afiliada ou simpatizante de EQUO Galicia está invitada a participar, tanto na Asemblea como na actividade da mañá, que pasamos a describir:

OBRADOIRO DE PLANIFICACIÓN de 2016, no que traballaremos principalmente en dúas sesións temáticas:

  • Traballar unha ou varias propostas para as Galegas de 2016, tanto neste obradoiro como na Asemblea posterior:
    1. Desde a Mesa Nacional presentarase unha proposta para a conformación dunha candidatura verde, desde abaixo e sen dirixismos partidistas.
    2. Proposta alternativa: participar activamente na conformación dunha candidatura de confluencia, con primarias abertas e un programa verde.

      O detalle desta proposta sería:

      – EQUO Galicia traballaría o programa para as eleccións internamente. Dese programa tamén sacariamos uns poucos puntos chave que serían o acordo de mínimos que mostraríamos clara e publicamente en calquera encontro coa prensa, e que esixiriamos a calquera iniciativa de confluencia que vaia xurdindo.

      – EQUO Galicia tería unhas primarias internas.

      – EQUO Galicia estaría a favor de que se presente unha candidatura de confluencia o máis ampla posible (partidos, mareas, independentes, …), baixo as seguintes condicións:
      1. Primarias abertas;
      2. Cumprirse os mínimos verdes decididos no noso programa (estes mínimos tampouco poderían ser moitos e extremadamente ambiciosos, se queremos que a confluencia sexa ampla, con todo sería unha asemblea de EQUO Galicia no segundo trimestre quen aprobaría eses mínimos).

    3. Novas propostas que poidan xurdir no propio obradoiro.

    Debaterase cal pode ser a aposta máis axeitada, propoñendo un itinerario para a súa aprobación e posta en marcha, se procede, na Asemblea da tarde.

  • Outras actividades de EQUO Galicia para o ano, buscando medrar e consolidar a nosa estrutura e marca.

HORA: 11h (prégase puntualidade)
LUGAR: A Nave de Vidán, Avenida Mestra Victoria Miguez, 44.
15706 Santiago de Compostela http://www.anavedevidan.com

No propio local hai posibilidade de xantar para as persoas que asistan tanto á xornada da mañá como á posterior Asemblea.

Trataremos de dispor de ‘streaming’ da Asemblea, posibilidade que confirmaremos co recordatorio da mesma uns días antes do 23 de xaneiro.

Deixa unha resposta