Asemblea Extraordinaria o Día das Letras Galegas

CARBALLEIRA DE HORTAS
¡Era, en verdade, fermosa a carballeira
e das brosas fora aínda librando!
¡Que nube de verdor na Primaveira!
¡Á súa sombra no vrao estaba o gando!
Algúns daqueles carballos tan bariles
eran limpos e dereitos, sen un nó.
¡E sentiran pasar moitos abriles,
que xa os ollara medrar meu bisabó!
Era a mellor carballeira que medrou
en toda a Chaira. ¡Viñérona cortar!
¡Nunca o vento máis forte a derrubou
e unha serra abundou pra a derrubar!
(TERRA CHÁ, 1959. Manuel María)

O martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, haberá xuntanza EXTRAORDINARIA da Asemblea de EQUO Galicia coa seguinte ORDE DO DÍA:

1. Presentación do acordo con Espazo (antes Espazo Ecosocialista) para a creación da Cooperativa Política ESPAZO-EQUO.

– Presentaranse os termos do acordo, que non diferirán demasiado do xa avanzado na Equomunidade hai unhas semanas:
http://equomunidad.org/documentos/actualizacion-26-abril-documento-de-traballo-negociacions-equo-espazo-ecosocialista

– A Asemblea votará se aprobar ou non este acordo, para o que se habilitará unha votación telemática. Esta votación abrirase unha vez presentado e debatido o acordo, e manterase aberta ata as 14h do xoves 19.

2. Calendario e proceso para a renovación dos órganos de EQUO Galicia e para os da potencial Cooperativa Política ESPAZO-EQUO.

3. Análise do actual escenario electoral, estatal e galego.

– Relato do proceso Mareas en Común e ratificación, se procede, do apoio de EQUO Galicia.

– Participación na campaña das Xerais en virtude do acordo federal con Podemos e IU.

4. EQUOntro 2016

HORA: 11h (prégase puntualidade)
LUGAR: A Nave de Vidán, Avenida Mestra Victoria Miguez, 44.
15706 Santiago de Compostela http://www.anavedevidan.com

Deixa unha resposta