Asemblea de Q-Galicia

Asemblea Xeral Ordinaria de EQUO Galicia e posterior Asemblea Extraordinaria

A Mesa Nacional de EQUO Galicia convoca a toda a afiliación e simpatizantes a unha Asemblea Xeral Ordinaria o vindeiro sábado, día 14 de decembro, ás 17h no Centro Sociocultural de Conxo, en Santiago de Compostela.

A orde do día é a seguinte:

  1. Aprobación, se procede, da ACTA da Asemblea anterior.
  2. ORGANIZACIÓN
    • Informe da Comisión Executiva Nacional.
    • Informe da Mesa Nacional
    • Responsables comarcais Areas políticas (Sanidade, Ensino, Medio ambiente, Política Municipal, Participación Cidadá, Normalización lingüística, etc)
  3. Informacións e accións de AGE – PARLAMENTO.
  4. Plan de traballo de EQUO Galicia para o 2014.
  5. Suxestións e preguntas.

Ao rematar a Asemblea Ordinaria realizarase unha Asemblea Extraordinaria cos seguintes puntos:

  1. Eleccións Europeas.
  2. Proxecto extratéxico político Municipal.
  3. Suxestións e preguntas.

Como sempre, a túa presenza é importante :-)

A Mesa Nacional

Deixa unha resposta