Asamblea aberta EQUO no Val Miñor.

Cartel ACTOS PRESENTACIÓN     Entrado setembro comeza un novo curso político que estará marcado pola eleccións municipais, que serán, previsiblemente, no primeiro semestre do ano 2015.
Fronte ás políticas dos partidos tradicionais, EQUO propón recuperar o sentido da política como un instrumento de transformación e xestión pública colectiva que dea resposta ás pequenas necesidades e grandes aspiracións das persoas e da sociedade para facer posible a felicidade cotiá dentro dos límites ecolóxicos do planeta.
EQUO quere sumarse as iniciativas cidadás que xurdan en Galicia de cara a conformar unha lista unitaria para as eleccións municipais do 2015 e que aglutinen unha maioría de partidos, asociacións e colectivos que estean afastados das políticas que estiveron a aplicar na maioría dos concellos galegos durante os últimos anos.
Consideramos que no Val Miñor se levan anos facendo políticas que afastan as institucións dos seus veciños e veciñas , polo que queremos abrir un debate sobre a necesidade de facer unha lista unitaria, para que a participación veciñal, a transparencia, a equidade e a sostibilidade sexan os eixos fundamentais de cara a conformación das listas e do programa, así como as premisas indispensables das persoas que resulten escollidas nas vindeiras eleccións municipais.

Dende EQUO cremos indispensable que se traballe nun programa común para todo o Val Miñor, tratando de darlle un contido real e máis efectivo a Mancomunidade do Val Miñor coa fin de poder mancomunar servizos públicos municipais tan esenciais como: transporte público, auga e saneamento, mantemento de espazos verdes, residuos sólidos urbanos, policía local, turismo, etc.

Polo tanto, desde EQUO queremos convidarvos a unha asemblea aberta á cidadanía o vindeiro sábado as 18h. No Estuario da Foz, na Ramallosa, para presentar o noso proxecto no Val Miñor e abrir un debate sobre ás necesidades que ten o Val Miñor en cuestións de política local para que consigamos achegar ás nosas e as vosas propostas de cara a conseguir un cambio nas políticas locais.

Atentamente:
Oscar Milego, coordinador de EQUO Pontevedra.

Deixa unha resposta