As sanitarias precisan estabilidade e non bonos de hostalería

A sanidade precisa investimento nos seus profesionais, máis aló de medidas estéticas como o bono de 250 euros de gasto en hostalería que ven de anunciar Feijóo. Consideramos que o primeiro que se debería facer é reverter os recortes que se teñen levado a cabo estes anos.

Non pode ser que se faga electoralismo con unha cuestión que nos afecta a todas. Os sanitarios non precisan bonos, precisan estabilidade laboral, que se elimine a temporalidade nos contratos, listas de contratación transparentes e melloras na calidade do servizo.

Non nos estraña que os médicos veñan de rexeitar este bono xa que nos parece unha burla a uns profesionais que, dende 2009, veñen reivindicando melloras ás que a Xunta fixo oídos xordos. Sen dúbida, todos estes recortes tiveron como resultado o colapso do sistema sanitario este ano durante a pandemia da COVID-19.

Vimos de saber nos medios de comunicación que só en Sanidade dende a crise en 2009 se deixaron de investir fondos por valor de 1300 millóns de euros. Ese desinvestimento non se poderá compensar con medidas estéticas senón coa creación dun plan serio de estabilidade laboral que os profesionais sanitarios están reclamando.

Comments are closed.