Apoio ás Marchas da Dignidade do 24-O na súa presentación en Compostela

A rolda de prensa e presentación de hoxe, 29 de xullo, da nova mobilización que as MARCHAS DA DIGNIDADE levarán a cabo o sábado 24 de outubro nas rúas de Compostela contou coa presenza e apoio de representantes de EQUO Galicia.

Baixo o lema «Pan, traballo e teito», Santiago acollerá esta nova mobilización das Marchas, que culminará na Praza do Obradoiro.  EQUO forma parte dos colectivos  e organizacións que integran as Marchas da Dignidade.

Maís información:

http://marchasdadignidade.blogspot.com.es

Foto da presentación de hoxe das Marchas da Dignidade

Deixa unha resposta