Apertura de campaña coa tradicional pegada de ¿candidatos?

O venres día 4 comezará a Campaña electoral que culminará no día 20 de novembro onde poderemos exercer uns dos poucos dereitos que nos queda: o voto. Queremos comezar estas dúas semanas contigo.

Convidámoste a asistir a Presentación da nosa-túa candidatura mañá XOVES 3, ÁS 23:45h NA PRAZA DA CONSTITUCIÓN en Vigo  onde os candidatos dirán unhas palabras.

De seguido, xa VENRES 4, AS 00:00h na mesma praza da Constitución, procederemos á non tan tradicional -de momento- pegada de Candidatos.

Queremos compartir a nosa ilusión nun acto simbólico, sen gastos superfluos nin desperdicio de papel que logo de dúas semanas quedará ahí sen que ninguén o retire. Queremos aplicar desde xa as nosas políticas, que son en realidade os nosos valores.

Deixa unha resposta