Alternativa Galega de Esquerda comprométese coa protección dos Dereitos animais.

O mércores 3 de outubro reuníronse membros da coalición Alternativa Galega de Esquerda, entre eles María José Durán como representante de EQUO Galicia, para intercambiar impresións co representante da Plataforma “Galicia mellor sen touradas”. O representante da mesma, Rubén Pérez Sueiro, expúxonos as súas reivindicacións, as cales están centradas non só na tauromaquia senón na defensa dos animais en xeral.

“Galicia mellor sen touradas” xunto coas asociacións  “Libera” e a “Fundación Franz Weber”  reivindican un trato xusto para cos animais máis o cumprimento estrito das leis en vigor sobre esta materia que na actualidade non se están a cumprir.

Como principais conclusións da reunión podemos extraer as seguintes propostas:

Nova Lei para a Protección dos Animais que non contemple excepcións de ningún tipo. Mesmo a actual fai excepcións cos touros e o tiro ao pombiño. É esixible a súa elaboración coa participación de asociacións especializadas nestes temas.

– A Lei de Protección dos Animais debe vetar o uso de animais salvaxes en espectáculos coma os circos.

Mellora da inspección para facer cumplir as leis en vigor. Actualmente os medios existentes para esta tarefa son insuficientes.

Restrición de acceso aos menores de 12 anos en espectáculos taurinos.

Fomento de actividades de formación por parte de asociacións especializadas nos Centros de Ensinanza.

EQUO Galicia corrobora estas conclusións, xa contempladas no programa electoral
presentado ás eleccións xerais de 2011, e congratúlase de que Alternativa Galega de Esquerda as faga súas.

 

One Comment

  1. O titular non e exacto. Quen se comprometeu foi EQUO-Galicia, o resto de forzas da coalición non se pronunciaron formalmente ao respecto.

Deixa unha resposta