Agridoce sensación pola composición do novo goberno grego

EQUO lamenta a ausencia de ministras no novo goberno

Os Verdes gregos obteñen un deputado no Parlamento e a Secretaría de Medio Ambiente

Por primeira vez un membro dun partido verde entra no gobierno de Grecia. Giannis Tsironis, coordinador nacional dos Verdes gregos será o Secretario de Estado de Medio Ambiente e Cambio Climático do recén nomeado goberno de Alexis Tsipras. Esta carteira dependerá do novo «superministerio» de Reconstrución Produtiva, Enerxía e Medio Ambiente, dirixido por Panayiotis Lafazanis.

O novo ‘súperministerio’ de Reconstrución Produtiva, Enerxía e Medio Ambiente xorde da reestruturación pola que Tsipras pasa de 20 ministerios a tan só 10 para o seu goberno.

Ademais da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, Os Verdes gregos acadan un deputado no Parlamento, Georgios Dimaras, elexido en Atenas na lista da coalición Syriza. Este partido concurreu a estas eleccións do 25 de xaneiro dentro da coalición de esquerdas, presentándose con 20 candidaturas en 17 localidades.

Aínda que un dos primeiros desafíos de Siriza é o de renegociar á débeda grega, o compromiso de Tsipras a medio prazo é levar a cabo unha reconstrución produtiva sostible. Os Verdes gregos van promover unha reestruturación do sector agrícola, con énfase na agricultura ecolóxica, unha adaptación do modelo de turismo existente e unha transformación do actual modelo enerxético, co obxetivo de reducir o consumo de combustibles fósiles e lograr a independencia enerxética total en 20 anos.

Para Florent Marcellesi, portavoz de EQUO no Parlamento Europeo: «Alegrámonos da entrada dos Verdes no Goberno grego. Esperamos que a súa presenza sirva para orientar a Grecia cara a Gran Transición Ecolóxica. Porén, ao mesmo tempo vemos con certa inquedanza a presenza da dereita nacionalista e antiturca no ministerio de defensa.»

Ante a polémica decisión de non contar con ningunha ministra no seu goberno, Rosa Martínez, covoceira de EQUO, sinala que, se ben «é un éxito e un acerto que Tsipras conte cun partido ecoloxista no seu goberno, consideramos un rotundo fracaso e un grave erro que non haxa unha soa ministra no mesmo. Sen ecoloxía non hai futuro, pero sen mulleres no goberno non hai democracia».

A situación de Grecia é moi delicada. Frente no novo goberno, a Troika xa advertiu que Grecia debe cumprir os compromisos adquiridos polos anteriores gobernos. Juan López Uralde opina que «non debemos deixar soa a Grecia na súa loita contra as políticas da austeridade. Só unidos ante a Troika, máis alá das fronteiras nacionais, seremos quen de quebralas».

Deixa unha resposta