Adianto das Eleccións á Xunta de Galicia

EQUO Galicia, ante o anuncio do presidente da Xunta en adiantar unha nova convocatoria electoral para o vindeiro 21 de Outubro, valora con decepción a falta de seriedade e responsabilidade do Sr. Feijoo que, lembramos, sempre defendeu a idea de esgotar esta lexislatura.

A nosa valoración sobre esta lexislatura é moi negativa, ademais de malxestionar a crise económica, consideramos un tempo perdido sen ningunha aportación positiva onde destacamos que padecimos uns RECORTES sociais inxustificables na Sanidade e na Ensinanza, que terá consecuencias nefastas nun vindeiro futuro para a cidadanía deste país.

Equo Galicia ve como unha oportunidade que temos as galegas e galegos para defender a nosa terra e os nosos dereitos.En EQUO Galicia poremos todo o noso empeño para que se produza un cambio de goberno e unha maioría no Parlamento galego acorde co noso ideario: Ecoloxía máis Equidade.EQUO Galicia

2 Comments

  1. Hace 4 años Os Verdes Grupo Verde presentaron en solitario listas a las autonomicas en Pontevedra y A Coruña. Sera Equo capaz de presentar tambien en Lugo y Orense? Los ecogalegistas del Compromiso no son una opción válida para los Verdes. Suerte y acierto!

  2. Niso estamos!
    Agora mesmo andamos en pleno proceso de primarias. A nosa intención é a de ter listas para las catro provincias, a ver se pode ser posible.

    Apertas!

Deixa unha resposta