Acordo para apoiar a diversidade lingüística e a pluralidade cultural

Celebramos o convenio asinado entre o Instituto Cervantes, o Consello da Cultura Galega, o Institut Ramón Lull e o Etxepare Euskal Institutua para fomentar as linguas galega, catalá e vasca, así como a súa cultura, fóra dos seus territorios.

Valorar a riqueza e diversidade cultural debe formar parte dun auténtico Estado democrático, onde sintamos o alleo como propio. E este aspecto en moitas ocasións desgraciadamente é deficitario na sociedade española, ainda sendo un estado de convivencia plurinacional.
A lingua é comunicación, pero tamén é literatura, costumes, historia e arte.
EQUO Galicia apoia acordos como este, para que o galego mostre xunto ás súas linguas veciñas todo o patrimonio que atesoura e que o respecto e o coñecemento dos estraños sirva para fortalecer o respecto e o agarimo dos propios.

Firma do acordo polos responsables das catro institucións

Comments are closed.