Accións en Galicia pola paz

A COORDINADORA GALEGA POLA PAZ, na reunión celebrada onte, 2 de setembro, en Compostela, acordou as seguintes iniciativas:

  1. Elaborar un Manifesto que será remitido ás entidades presentes na reunión e ó resto das organizacións da Coordinadora para a súa modificación e aprobación na tarde do martes, día 3 de setembro.
  2. Dar a coñecer o citado Manifesto publicamente o XOVES, DÍA 5, ÁS 12:00 horas, convocando previamente ós medios, diante do Consulado norteamericano na Coruña.
  3. Convocar concentracións unitarias como Coordinadora Galega pola Paz o martes, día 10, ás 20:30 horas, en tódalas cidades e vilas posibles, diante dos concellos, agás en Vigo que será diante do Consulado francés e na Coruña que será diante do Consulado norteamericano.
  4. En caso de producirse a agresión militar norteamericana sobre o pobo sirio, ó día seguinte no caso de ser pola noite, ás 20:30 horas, de novo, concentracións nos lugares sinalados no punto anterior.
  5. Syria_(orthographic_projection).svg Por último, as organizacións da Coordinadora Galega pola Paz darán difusión e apoiarán a iniciativa da petición de retirada do Premio Nobel da Paz a Barack Obama que está en marcha na rede a través de Change.

EQUO Galicia quere transmitir todo o seu apoio á Coordinadora Galega pola Paz, así como o seu total rexeitamento a unha intervención militar en Siria, reclamando como única prioridade a protección da poboación civil. Facemos noso o texto difundido a este respecto por EQUO Federal.