A Rede Natura 2000 celebra o seu día con serios problemas para as súas áreas en Galicia

Hoxe é o día Europeo da Rede Natura 2000, a rede de protección do medio ambiente europea que engloba as áreas de conservación da biodiversidade. O obxectivo da Rede Natura 2000 e o de garantir a conservación, nun estado favorable, de determinados tipos de hábitat e especies nas súas áreas de distribución natural, por medio de zonas especiais para a súa protección e conservación. E este obxectivo cobra máis valor aínda na actualidade, xa que a biodiversidade é unha das mellores ferramentas para frear epidemias como a do Covid-19.

Galicia atesoura máis de 75 áreas dentro da Rede Natura 2000 e lamentablemente moitas delas atópanse en constante ameaza froito da mala xestión por parte da Xunta de Galicia. O goberno autonómico, administración competente na protección destes espazos, xa foi sinalado por importantes asociacións ecoloxistas e defensoras do medio ambiente debido á súa pouca operatividade e mala xestión nesta rede, onde se autorizan actividades e proxectos moi pouco respectuosas co medio natural e en pouca sintonía co fin principal que recolle a normativa de usos permitidos en rede natura: “actividades permitidas aquelas de carácter tradicional que son compatibles coa protección do espazo natural porque non causan afección apreciable”

Temos nefastos exemplos como a Serra do Oribio onde os tribunais paralizaron a construción dun parque eólico autorizado pola Xunta; os parques eólicos ao longo da costa da morte, case todos en rede natura; as minas a ceo aberto de Courel e Pena Trevinca; agresións a hábitats costeiros como ás dunas de Barrañán ou a lagoa da Frouxeira; as piscifactorías en Cabo Touriñan… E un largo listado de proxectos e infraestructuras incompatibles do espírito de conservación e de usos tradicionais da rede.

EQUO Galicia sempre defenderá que a rede Natura 2000 debe equiparase en protección a outros figuras dos espazos naturais. Debe permitirse os usos ancestrais e tradicionais da poboación que nela habita, xa que son os vixilantes do hábitat que sen eles non sería igual, pero a administración non debe permitir o deterioro do espazo natural ao contrario debe mantelo e melloralo de cara a súa viabilidade futura.

Comments are closed.