O turismo que queremos

O turismo parecía o novo sol sobre o que xiraría “ad infinitum” o noso planeta. Pero, de súpeto, chegou a crise sanitaria do COVID 19 e paralizou a vida, e sectores como o turístico ficaron resentidos.
Dende EQUO Galicia pensamos que todo isto ten que facernos repensar a clase de turismo que queremos para Nosa Terra Meiga.

Dende o noso partido cremos que o turismo ten que ser sostible e basearse en dous principios:
1- Axuda ao desenvolvemento, potenciando o turismo rural ligado ao coñecemento de oficios ligados ao campo ou ao mar. En Galicia, temos unha grande riqueza etnográfica e antropolóxica.
2- Preservar os espazos naturais protexidos.

Apostamos tamén pola promoción de iniciativas destinadas a potenciar as singularidades de cada zona, así valores como o enoturismo, festivais de música ou a oferta termal. Vemos moi importante tamén o compromiso cun turismo nacional e de proximidade así como a posta en valor e promoción dos trens turísticos.
En resumo, cremos nun turismo sostible e inclusivo que non só promova o desenvolvemento económico das comarcas senón que teña en conta os valores culturais e de respecto á natureza.

Comments are closed.