Ve-la Luz, as súas reivindicacións son as de todas.

As súas reivindicacións son as de todo o movemento feminista.

EQUO Galicia desexa mostrar o seu apoio ás reivindicacións da Asociación Ve-la Luz, que levaron ás súas integrantes a unha folga de fame que dura máis de dez días na praza de Sol en Madrid, para esixir un pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Partimos da convicción de que o acto organizado por esta asociación coruñesa, está fundamentado na honestidade, na valentía e na determinación por acabar coa lacra da violencia de xénero que emponzoña á nosa sociedade. Desde esa convicción tamén cremos que debe gozar do máximo respaldo, apoio e difusión.

EQUO Galicia, como partido político que leva nos seus xenes o feminismo e o ecoloxismo, tampouco pode permanecer mudo ou inactivo fronte unha situación social de verdadeiro terrorismo machista. No estado, lévamos acumuladas máis mulleres asasinadas en dúas décadas pola violencia de xénero ca vítimas de ETA en 50 anos de existencia da banda terrorista.

Nin unha menos.É urxente un compromiso serio

A morte de mulleres neste país á mans dos homes cos que compartiron ou comparten a súa vida, segue sen importarlle o suficiente a aqueles que teñen os postos, o poder e a posición institucional necesaria para mudar esta situación. Iso ten que cambiar. Concordamos en que os minutos de silencio quédanse curtos. Precísanse máis que bos xestos e boas palabras. É urxente un compromiso serio, real e verdadeiro. Esa é a esixencia que manteñen as mulleres valentes en folga de fame e concentradas na praza do Sol de Madrid.  EQUO Galicia non pode senón aplaudir esa valentía e secundar a determinación de Ve-la Luz.

Na loita contra a violencia de xénero somos todas necesarias, todas as persoas, colectivos e organizacións, porque todas sumamos cando temos clara cal é a loita común.

Por un pacto de Estado contra a violencia machista!

Deixa unha resposta