Querémonos vivas!

25N Día Internacional contra a Violencia Machista

Cartaz25NEQUO Galicia fai seu o chamamento do Movemento Feminista Galego para participar nos actos e concentracións deste 25 de novembro de 2015. Este é o manifesto para hoxe:

25 de novembro

Non morremos, asasínannos!

Apenas dous días despois de que no 7 de novembro case medio millón de persoas de todos os territorios do estado nos manifestaramos contra as violencias machistas, atopámonos con 6 mulleres asasinadas polo terrorismo machista.

Cada ano increméntase o número de mulleres que sufrimos a violencia heteropatriarcal nas súas expresións máis extremas, o maltrato, a violación, o asasinato. Cada vez é máis necesario o compromiso de toda a sociedade coa loita feminista e a garantía por parte dos poderes públicos dunha vida libre de todas as violencias machistas.

No 7 de novembro os feminismos do estado convertemos a pluralidade en unión, asumimos a forza da diversidade e nos xuntamos máis de 300.000 persoas para protestar polas violencias machistas (así, no plural) e para exixir que as mesmas sexan consideradas Cuestión de Estado. Organizacións feministas de todos os territorios do Estado conseguimos que a cita se convertese nun momento histórico de reivindicación do movemento feminista. A maioría da sociedade civil prestou o seu apoio ás reivindicacións e á mobilización convocada polo feminismo e damos as grazas por isto.

Pero o 7N non será unha cita máis para as nosas reivindicacións, foi só o primeiro paso dunha campaña de accións consensuadas e coordenadas encamiñadas á erradicación de todas as formas de violencia cara ás mulleres e as nenas así como a promoción de políticas de Igualdade reais entre homes e mulleres.

Nós non estamos en precampaña electoral, nós non iamos para ter unha foto. Os feminismos hai anos que temos incluido nas nosas axendas a exixencia de que a loita contra o feminicídio sexa inserida nas axendas dos partidos.

Levamos anos exixindo que deixen de utilizar as nosas reivindicacións para tratar de tirar rendemento político e se impliquen. As vulneracións de dereitos específicos que nos ocorren polo feito de sermos mulleres precisan de compromisos moi concretos. Un deles é o dereito a vivirmos unha vida libre de violencias machistas, unha emerxencia social que fai que o número de asasinatos aumente con cada recorte do goberno de turno.

Agora toca seguir loitando para que se retraten con programas reais, con accións non promesas.

Denunciamos a violación sistemática do noso dereito fundamental á vida e á dignidade humana recollidas na declaración dos dereitos humanos e insistimos cales son as nosas exixencias:

  • Que a loita contra o terrorismo machista sexa unha cuestión de estado.

  • Que se desenvolver e implemente o Convenio de Istambul e o cumprimento das recomendacións da CEDAW, e se reforme a lei 1/2004 para que estean reflectidas todas as formas de violencia contra as mulleres.

  • Que toda a sociedade e as súas organizacións e institucións se comprometan nesta loita.

  • Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia que exerce a parella ou ex parella como as agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito laboral, a trata con fins de explotación sexual/laboral de mulleres e nenas e todas as violencias machistas.

  • Que todas as instancias de goberno comprométanse realmente na prevención e erradicación das violencias machistas, así como na asistencia e reparación de todas as mulleres en situación de violencia, independentemente da situación administrativa en que se atopen as mulleres.

  • Que o acento se poña na protección das afectadas, facilitando diferentes saídas que impliquen unha verdadeira recuperación vital, económica e social delas así como dos seus fillos e fillas.

  • Que a prevención sexa unha política prioritaria, que inclúa un sistema coeducativo en todos os ciclos, a formación específica para todo o persoal profesional que intervén nos procesos, os medios de comunicación, a produción cultural e a sociedade civil na loita contra as violencias machistas.

  • Que os medios de comunicación comprométanse a facer tratamento adecuado das diferentes de violencias machistas, visibilizándolas, evitando o sensacionalismo morboso no seu tratamento e utilizando unha linguaxe e unhas imaxes non sexistas.

  • A eliminación da custodia compartida imposta e o réxime de visitas aos menores dos maltratadores condenados. A retirada e non cesión da patria potestade aos maltratadores.

Máis información: pfg@feminismo.org