22M

EQUO Galicia quere manifestar o seu apoio ás Marchas da Dignidade que este sábado, 22 de marzo, farán visible a protesta da cidadanía ante o grave deterioro dos nosos dereitos e as nosas condicións de vida e a inadmisible represión á que o pobo está sendo exposto.

Na páxina web da Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade tedes toda a información sobre os percorridos das mobilizacións en Madrid, así como os horarios dos trens e autobuses que saen mañá cedo desde Galicia cara a capital do Estado: http://marchasdadignidade.blogspot.com

EQUO participará na marcha entre Atocha e a praza de Colón, co punto de encontro fixado polas compañeiras de EQUO Madrid en Cuesta de Moyano esquina Glorieta Carlos, ás 16.45h.

22m

A xuizo de EQUO, as medidas tomadas ao longo de toda esta crise política, económica e ecolóxica lastran gravemente o futuro de varias xeracións, con especial incidencia nunha mocidade que non atopa oportunidades no seu propio país. Lamentamos, ademais, o uso da coartada da crise para levar a cabo o brutal recorte en dereitos e retroceso nas liberdades que se está a producir.

Como alternativa ás políticas neoliberais represivas que se están a aplicar, EQUO lembra a súa aposta por rescatar a Europa do bando dos mercados e iniciar un Proceso Constituínte Cidadán, así como unha Auditoría da Débeda que axude a determinar que parte da mesma é ilexítima. O obxectivo ten que ser poñer a Unión Europea ao servizo do pobo e non a entes non democráticos como a Troika.

Deixa unha resposta