20N: Eleccións Xerais 2011

EQUO concorreu ás Eleccións Xerais de 2011, ben en solitario ou en coalición, en todo o estado español agás Lugo, Teruel, Zamora, Palencia, Ceuta e Cataluña. O cabeza de lista, elixido por primarias abertas, foi Juan López de Uralde, ex-presidente de Greenpeace España e referente do ecoloxismo español.

O vídeo de campaña realizado por EQUO Pontevedra resume moi ben o proceso que tivemos que seguir para presentarnos ás eleccións xerais en todo o Estado, así como as ideas claves do noso programa electoral:

[http://www.youtube.com/watch?v=cz-Z6WtqfPk]

O programa electoral de EQUO, creado de xeito colaborativo a través da Equomunidade, a nosa plataforma en internet, pode ser consultado en liña nesta ligazón.

EQUO foi o noveno partido máis votado a nivel estatal, o sexto se incluímos os votos da coalición Compromís-EQUO na Comunidade Valenciana. A nivel galego, e a pesar de presentarse unicamente en tres provincias, EQUO foi a sexta forza política nas eleccións do 20N. Se a lei electoral fose distinta e tódolos votos valesen o mesmo, EQUO tería 3 escanos e a coalición Compromís-EQUO tería dous (un máis do que xa ten).

A pesar de ter que recoller sinaturas simplemente para poder presentarnos, a pesar de levar a cabo unha campaña electoral con moi poucos recursos (xa que nos negamos a aceptar cartos de bancos e empresas, para non hipotecar a nosa independencia), a pesar de ser un movemento tan novo, os resultados do 20N demostran que este é o momento de EQUO. Queres sumar e construír connosco?

Deixa unha resposta