1º EQUOncontro de confraternización

Porque non todo en política vai ser traballar!

ACTUALIZACIÓN: Debido á previsión de chuvia para o día previsto, o 7 de xuño, o EQUOncontro suspéndese. A nova data será o vindeiro sábado 14 de xuño. Desculpade ás molestias. Grazas.

EQUOnfra
Achégase a conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente 2014 (o 5 de xuño), e con ela o 1º EQUOncontro de confraternización de EQUO Galicia.

Cando?

  • Este próximo sábado 7 de xuño durante todo o día.

Onde?

  • Será en Antas, A Lama, provincia de Pontevedra, no confluir dos ríos Barbeiras e Verdugo.As coordenadas do punto de encontro son: 42º24’51.94”N e 8º26’36.95”O (segundo Google Earth)

Que faremos?

  • Trátase de ter un día para xuntarnos afiliadas e simpatizantes de EQUO en Galicia sen programa político polo medio máis alá das conversas que poidan xurdir:
    • Ás 10h comezamos unha camiñada polo «roteiro da Liberdade» seguindo o curso do río Barbeiras.
      http://concellodalama.weebly.com/naturalezarutas-de-senderismo.html
    • Ás 14:30 xuntámonos todas de novo para un xantar colaborativo (o que vén sendo, cada un trae un pouco e poñémolo en común para compartir)
    • Na sobremesa o máis importante é pasar un bo rato, así que se sabes tocar algún instrumento, se queres traer xogos ou se che ocorre calquera actividade que poidamos compartir non o penses dúas veces

A idea é disfrutar dun día tranquilo, na natureza e en boa compañía :-)

Conforme vaiamos tendo máis datos irémosvos informando por aquí e polo evento na rede social Facebook creado para a ocasión: https://www.facebook.com/events/659283550792960.

Tamén podedes dirixir calquera  dúbida ou manifestar a vosa intención de vir (é interesante ter unha aproximación de número de persoas que seremos) á nosa dirección de correo equogalicia@proyectoequo.org

Animádevos a vir!

Deixa unha resposta