Megaminaría e Medio Ambiente

201307_charlabetanzos

Actualizada con algunhas fotos do evento.

Esperámosvos este sábado 3 de agosto en Betanzos para charlar co profesor da Universidade de Illinois Joaquín M. Chávez sobre a experiencia do activismo ecoloxista en Centro América e os efectos da Megaminaría no Salvador.

A actividade terá lugar ás 20:00 no Salón Azul do Arquivo/Liceo de Betanzos, e consistirá na proxección dun documental sobre a Megaminaría no Salvador, un relatorio de Joaquín M. Chávez e un debate aberto sobre os efectos deste tipo de prácticas nocivas para o medio ambiente.

Deixa unha resposta